CONTADOR DE VISITAS

MAPAS DEL TIEMPO ( 21st Operational Weather Squadron)

MAPAS DEL TIEMPO ( 21st Operational Weather Squadron)
PICAR SOBRE LA IMAGEN PARA VER EL MAPA

EL TIEMPO (picar sobre la pantella para ver mas)

tiempo Pontevedra

martes, 25 de noviembre de 2008

GREMMAR DOLPHINS RESCUE ESTA PRESENTE EN EL GRUPO DE ACCION COSTERA DE PONTEVEDRA


http://www.accioncosteira.es/

GREMMAR DOLPHINS RESCUE ESTA PRESENTE EN EL GRUPO DE ACCION COSTERA DE LA RIA DE PONTEVEDRA
MIEMBRO DE SU JUNTA DIRECTIVA

GRUPOS DE ACCION COSTERA
É unha asociación de carácter local constituída polas organizacións do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, das organizacións sociais, medioambientais, culturais,... do sector empresarial e polas administracións locais, que tén como obxectivo desenvolver un proxecto no marco do programa.
o programa
O programa Acción Costeira ten como obxectivo xestionar a liña de acción dos Fondos Europeos de Pesca (40 millóns de euros), a través da concesión de axudas aos proxectos que se presenten ante os Grupos de Acción Costeira que se constitúan como medida para desenvolver proxectos que fomenten a sostenibilidade social, económica e ambiental das zonas costeiras.
Descrición da iniciativa
Preténdese nas zonas costeiras alcanzar todo o seu potencial a través dun proceso de desenvolvemento sostible, mediante a explotación óptima de todas as súas fortalezas, xa que se constitúen como zonas con alto potencial económico, ecolóxico e turístico, de forma que reúnen moitas máis potencialidades que outras zonas do territorio.
Esta iniciativa está desenvolvida pola Consellería de Pesca como ente xestor en Galicia dos fondos europeos de pesca.
Para levar a cabo as estratexias sinaladas anteriormente, deben adaptarse á contorna pesqueira as figuras centrais na xestión dos procesos de desenvolvemento local, dando lugar a grupos locais ou grupos de acción costeira. O seu fundamento principal é servir de instrumento de dinamización e xestión de todos os procesos de desenvolvemento integral das zonas pesqueiras en declive. Á vez, proponse a creación de liñas de asistencia técnica e a creación de liñas de apoio financeiro a estes grupos.
Que é un grupo de acción costeira
Un GAC é un grupo de entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal de cooperación e compromiso. Está formado por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo dos pertencentes e relacionados co mundo pesqueiro.
Os GAC teñen que liderar as accións, fomentando a participación activa das organizacións representativas dos diversos sectores. Participación que é a clave do éxito destas accións, xa que garanten o acerto das decisións que se adopten, por canto se coñecerán con detalle cales son as necesidades concretas en cada área. As accións permitirán ademais do desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible, isto é, máis aló da existencia dos fondos.
A grandes liñas, o seu labor será:
Integrar todos os colectivos posibles dos sectores pesqueiro, social, económico e público,
Dinamizar e desenvolver as accións previstas para cada zona, dende unha perspectiva zonal de desenvolvemento socioeconómico
Elaborar un Plan Estratéxico Zonal (PEZ)
Para fomentar os GAC establécense distintas medidas subvencionables, incluída a contribución ao financiamento dos custos de explotación e funcionamento (gastos de xestión) dos grupos e a creación de capacidades colectivas para preparar estratexias de desenvolvemento local.
O valor engadido deste novo Eixe 4 reside na forma en que se poñen en práctica as accións que promove, tanto en e por medio das comunidades pesqueiras coma en e por medio dos Grupos de Acción Costeira, é dicir, está baseado nun enfoque local integrado nunha estratexia territorial, polo tanto, adaptado ao contorno. Unha estratexia terra-mar, na que os GAC serán os protagonistas desta estratexia de desenvolvemento local ascendente.
Integrantes
Os GAC, como asociación que son, fomentarán a máxima participación no seu seo de cantas asociacións sectoriais existan no seu ámbito territorial, non permitindo en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas individuais con ánimo de lucro.
A asociación que aspire a obter o recoñecemento de GAC, deberá estar constituída por entidades representativas dos seguintes sectores:
Sector Pesqueiro: integrarano as asociacións e entidades de interese colectivo pesqueiro, marisqueiro e acuícola con persoalidade xurídica propia
Sector Económico: integrado polas asociacións de empresarios, de axentes económicos e organizacións sindicais
Sector Social: integrarán este sector as asociacións socilticulturais, deportivas, ecoloxistas, recreativas e educativas, as asociacións de mulleres e outras similares.
Sector Público: integrado polas administracións públicas de ámbito local e entidades do sector público vinculadas ou dependentes destas
Ademáis e como consecuencia do regulamento do FEP, o sector pesqueiro terá unha clara posición predominante na Xunta Directiva do GAC representando polo menos o 50% dos votos.
ENTIDADES
Está formado polos sectores pesqueiro, social, económico e público. O Sector pesqueiro é o líder do GAC
O GAC é unh asociación e non pode excluír a integración de ningunha entidade
NUMERO DE GAC
Principal
Presentar un proxecto
Os proxectos deben coincidir coa finalidade e a coherencia coas medidas subvencionables no Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca:
1) Consolidar a competitividade das zonas de pesca.
2) Reestruturar e reorientar as actividades económicas, en particular a través de promoción do turismo ecolóxico, sempre e cando estas actividades non dean lugar a un aumento do esforzo pesqueiro.
3) Diversificar as actividades de promoción da pluriactividade dos pescadores.
4) Ofrecer valor engadido aos produtos da pesca
5) Protexer o medio natural nas zonas de pesca, a fin de manter o seu atractivo, rexenerar e desenvolver as aldeas e vilas costeiras con actividade pesqueira e protexer e mellorar o seu patrimonio natural e arquitectónico.
6) Restablecer o potencial de produción do sector pesqueiro afectado por catástrofes naturais ou industriais.
7) Promover a cooperación interregional e transnacional entre grupos nas zonas de pesca, principalmente a través do establecemento de redes e a difusión de boas prácticas;
8) Adquirir competencias e facilitar a preparación e aplicación da estratexia de desenvolvemento local.
9) Contribuír a sufragar os gastos de funcionamento dos grupos.
Os proxectos serán baremados segundo os criterios que cada GAC defina para o seu territorio. Proximamente poderá acceder aos criterios de valoración de proxectos produtivos e improdutivos de cada zona.

No hay comentarios: